Blogia
AULA VIRTUAL DE 2º DE PRIMARIA

Información sobre a web para as familias.

Información sobre a web para as familias.

Estimada familia:

1. ESTE BLOGUE: UN LIBRO DE TEXTO ON-LINE PARA 2º E PARA TODAS AS ÁREAS.

Como podedes ver, este blogue ven sendo un libro de texto on-line para 2º curso. Trata as áreas que imparte o titor: Coñecemento do medio, Lingua galega, Lingua castelá e Matemáticas.

2. O BLOGUE: POR QUÉ E PARA QUÉ.

Este blogue está pensado para que os vosos fillos e fillas, poidan profundizar e traballar no ordenador. Sobre todo, para que cando vamos a informática, xa estea todo preparado para empezar, e para que na casa, locais de acceso gratuito a Internet (bibliotecas, centros de atención municipal), cibers e lugares con conexión wifi (Centros comerciais, cafés, etc.).

3. CONSELLOS PARA NAVEGAR NESTA PÁXINA.

Por favor, non deixedes aos nenos e nenas navegar por esta páxina sós e sen supervisión adulta, porque só podo controlar o que está publicado nesta páxina, pero non outras terceiras páxinas ás que se poidan acceder indirectamente.

Máis consellos para unha navegación segura aquí:

http://es.docs.yahoo.com/parents_guide/index.html

http://www.iqua.net/Recomendaciones/Consejos_para_padres_y_educadores/?go=WWiW6aWP3cIUyUj7fiM3LUP2TCyKxjHYpx1BRAqqMzW5kPpV3BzlHkc0YA==

4. COMO REALIZAR COMENTARIOS NESTA PÁXINA.

  1. Ir ao artigo no que se quere facer comentar e picar en ’Comentar’ ou ’Hay x comentarios’.
  2. Introducir un nome, o comentario e darlle ao botón: Publicar.
  3. Responder á pregunta de seguridade: ¿De que color es la nieve?
  4. Picar en Aceptar ou Publicar.

5. PÁXINA WEB PERSOAL DO AUTOR DO BLOGUE.

www.freewebs.com/maestroandres

6. GRAZAS.

Grazas por colaborar con esta web.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres