Blogia
AULA VIRTUAL DE 2º DE PRIMARIA

6. A auga na natureza

6. A auga na natureza

UNIDADE 6: A AUGA NA NATUREZA. 30 de novembro a 22 de decembro de 2009

1. PREGUNTA PARA COMENTAR COS COMPAÑEIROS:

 ¿Que quere dicir que chove a cántaros? ¿Que tes que quedar na casa porque caen cántaros do ceo ou que chove moitísimo?

2. QUE CURIOSO.

Escoita ao home do tempo do vídeo. Agora responde as preguntas:

  • ¿Que tempo vai facer en Galicia o venres?
  • ¿Que tempo vai facer en Galicia o sábado?
  • ¿Que tempo vai facer en Galicia o domingo?
  • ¿Que tempo vai facer en Galicia o luns?
  • ¿É a primeira ou a última vez que este señor vai explicar que tempo vai facer

3. CHISTES.

A mestra lle pregunta a Xaimito: - Xaimito, ¿sabes nadar? Contesta Xaimito: Si profe. A mestra di: - ¿Onde aprendiches? E Xaimito responde: - Na auga.

4. PARA TRABALLAR CO ORDENADOR.

Voamos cunha nave espacial polo mundo: http://maps.google.com/

Aprender sobre a auga: http://www.imta.gob.mx/educacion-ambiental/chipi-chipi/index.htm

A facer contas no mar: http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2004/b/marematicas/media/In.swf

Para partir palabras en sílabas. http://www.edu.xunta.es/contidos/jclic/Silabinas/

Xogar coas cifras http://centros.edu.xunta.es/contidos/internetenelaula/primaria07/datos/cifras/a/ca00.html

Problemáticos http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2003/b/problematicos/index.htm

Lemos na praia http://centros.edu.xunta.es/contidos/internetenelaula/primaria07/datos/lengua/animaciones/index.swf

5. PARA SABER MÁIS.  

Vamos a sabelo todo sobre a auga. http://www.interpeques2.com/trabajos/webquestpeques/opcion1.html

O ciclo da auga http://www.juntadeandalucia.es/averroes/sanwalabonso/wqyct/mq_agua/ciclodelagua.htm

Un xogo para facer na casa:

Obxectivo: Comprobar que 1 litro e o mesmo que 2 medios litros e que 4 cuartos de litro.

Material: 7 briks (iguais é de 1 litro exactamente), unha xerra de 1 litro e 1 litro de auga.

Actividade:

Pide axuda a un maior: pai, nai, avó, avoa e fai a actividade guiado por esa persoa maior para que non cisques toda a auga pola casa.

O primeiro que hai que facer e conseguir un brik de 1 litro, dos medios briks de medio litro e catro briks de cuarto de litro.

  1. Colle un brik e córtao pola solapa de arriba: é 1 brik de un litro.

  2. Colle dous briks e córtaos a metade, quédate coas partes de abaixo e tira co resto: xa tes 2 briks de medio litro.

  3. Colle catro briks e fai unha marca na metade e outras 2 marcas en cada metade. Corta pola marca máis preto da parte de abaixo nos catro briks: xa tes 4 briks de cuarto de litro.

  4. Compara e observa que: 1 litro é o mesmo que 2 medios litros e que 4 cuartos de litro.

  5. Agora pide que che enchan un litro de auga nunha xerra de litro.

  6. Mete o litro no primeiro brik e verás que se enche de todo.

  7. Mete a auga do primeiro brik nos dous medios litros e verás que se enchen de todo os dous.

  8. Mete a auga dos medios litros nos de cuarto litro.

Reflexiona:

Observa se a cantidade de auga que hai nun litro é a mesma que hai en 2 medios litros e en 4 cuartos de litro.

Consello:

Recorda pedir axuda a un adulto/a, se non vas mollar toda a casa e vanche rifar.

6. FACILIÑO, FACILIÑO.

Fotos debaixo do mar: http://www.digitalphoto.pl/es/agua/fotografia_submarina/

Fotos de auga: http://www.digitalphoto.pl/es/agua/

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres